Home Ourense Lorenzana aborda coa alcaldesa de Vilariño de Conso proxectos de futuro para...

Lorenzana aborda coa alcaldesa de Vilariño de Conso proxectos de futuro para fixar poboación no rural a través do emprego

- Anuncio -

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía
Xunta e Concello estudarán proxectos de emprego de proximidade que permitan atender necesidades empresariais non cubertas na comarca
O concello ourensá acolle un obradoiro de emprego no que participan 20 persoas, que permitirá mellorar a contorna silvícola e forestal no Camiño de Santiago

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe desde Santiago de Compostela por videoconferencia unha xuntanza coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía Domínguez, na que ambas as dúas se comprometeron a traballar en proxectos de emprego de proximidade animen á poboación máis nova a asentarse na comarca.

A titular de Emprego e Igualdade subliñou a importancia da colaboración entre administracións para incrementar as oportunidades laborais, sobre todo na contorna rural. A Xunta está a traballar na posta en marcha para este ano dun novo programa para impulsar iniciativas empresariais que permitan crear emprego e desenvolvemento económico baixa calquera fórmula xurídica cun eixo común que, segundo apuntou Lorenzana, non é outro que “atender necesidades non cubertas no territorio”.

Trátase de desenvolver cadeas de valor vinculadas a industrias ou servizos presentes no territorio para crear emprego e economía social de proximidade. Un obxectivo no que conselleira e alcaldesa coincidiron, ao destacar a relevancia de fixar poboación nesta comarca ourensá e animar aos máis novos a emprender.

Na xuntanza, por outra banda, puxéronse de relevo os obradoiros de emprego como facilitadores da inserción laboral no eido rural e exemplo de coordinación entre administracións. Lorenzana lembrou que estas actividades impulsadas pola Xunta lévanse a cabo da man dos concellos, o que permite afondar na mellora da empregabilidade e da igualdade nas súas contornas.

A conselleira incidiu en que os obradoiros teñen como obxectivo axustar as habilidades dos participantes ás demandas reais do mercado de traballo, mellorando a formación das persoas sen emprego para optar a un contrato laboral e posibilitando, ademais, a mellora de espazos públicos.

Vilariño de Conso desenvolve na actualidade o obradoiro Terras da Castaña III que comezou o pasado 30 de decembro e rematará o próximo 29 de setembro. Conta con 20 beneficiarios que traballarán estes meses na conservación e mantemento de montes e na albanelería de fábricas cubertas. As tarefas están focalizadas ao acondicionamento silvícola e forestal no Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca e na creación de zonas de lecer no núcleo da Venta da Capela e Venta do Bolaño

Relacionadas

A Xunta de Galicia concluirá este verán as obras de mellora da rede de...

0
 Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Publicacións Relacionadas