Home Deza Agolada A Xunta incrementa a Axuda no Fogar para dependentes nos concellos de...

A Xunta incrementa a Axuda no Fogar para dependentes nos concellos de Silleda e Agolada con 9.612 horas anuais máis deste servizo

- Anuncio -

A Consellería de Política Social concede 6.828 horas máis ao municipio trasdezá, unha das maiores subas de toda a provincia, cifrada en case o 16% e que lle permitirá roldar as 50.000 de prestación por exercicio
Agolada tamén verá reforzada esta teleasistencia cun aumento de case 2.800 horas ata alcanzar as 29.664 cada ano
A delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro, explica que estas concesións fixéronse de oficio polo servizos técnicos atendendo ás listas de agarda existentes

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros. Ao abeiro desta medida, os concellos dezás de Silleda e Agolada van dispoñer de 9.612 horas máis cada exercicio para esta prestación.

O Concello de Silleda vai ser un dos grandes beneficiarios da alza do orzamento do SAF para dependentes de toda Galicia no presente exercicio -que chegará ata os 83,6 millóns de euros-, xa que vai recibir un dos maiores incrementos desta prestación en toda a provincia, ao contar con 6.828 horas máis, un ascenso do 15,9%. Deste xeito, o municipio trasdezá pasará das 42.900 horas de teleasistencia para dependentes da actualidade a alcanzar as 49.728.

Pola súa banda, o Concello de Agolada está a prestar na actualidade 26.880 horas deste servizo financiado pola Xunta e vai ver reforzada esta atención con 2.784 horas máis concedidas polo Goberno galego. Deste xeito, e grazas a esta alza do 10,3%, poderá alcanzar as 29.664 horas por exercicio.

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, informou desta concesión nunha reunión telemática celebrada esta mañá coas responsables e traballadoras de Servizos Sociais de ambos municipios. Neste contacto explicoulles que este incremento do SAF determinouse de oficio por parte dos servizos técnicos da consellería aplicando o criterio da lista de agarda de cada un dos municipios para poder atender a máis usuarios, especialmente na actual situación polos efectos sociais da crise sanitaria da covid-19.

En total, na provincia de Pontevedra vanse beneficiar desta medida un total de 32 concellos, que gozarán en conxunto dun incremento de 463.000 horas anuais de atención a dependentes ata chegar a case 2 millóns por exercicio, o que supón un ascenso do 30,5% nestes territorios.

Tras a xuntanza, Luisa Piñeiro destacou a “absoluta implicación” da Xunta de Galicia coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, “con especial fincapé nas que sofren dependencia, que son as que se atopan máis desamparadas, sobre todo coa crise da covid-19, e que precisan que o Goberno galego estea ao seu lado, polo que ese é o noso compromiso e o que estamos a facer con este forte incremento da teleasistencia”.

Máis fondos para dependencia
Finalmente, revelou que unha das grandes reivindicacións do executivo autonómico co Goberno de España na cobertura económica da dependencia estase comezando a conseguir, xa que o Estado incrementará en 45 millóns a súa partida global para a dependencia en Galicia, alcanzando os 141 millóns de euros. “A cifra segue a ser insuficiente e incumpre a normativa, xa que fixa o 50% para cada administración e ata a data a Xunta poñía 304 millóns e o Estado os 96 restantes, o que nos impedía aumentar a dotación aos concellos. Pero en todo caso, é un avance despois de moito insistir e nos permitirá atender un pouco mellor as constantes demandas dos municipios, aos que ata agora non podíamos darlles máis horas porque o Estado só aportaba o 24% dos 400 millóns de euros que precisa cada ano toda a atención da dependencia en Galicia, na que o SAF xoga un papel importante pero non exclusivo”, concluiu a delegada territorial.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas