Home Pontevedra Caldas O Concello de Moraña confina o módulo Forestal do Obradoiro de Emprego...

O Concello de Moraña confina o módulo Forestal do Obradoiro de Emprego Xóvenes por un caso positivo e reabre as portas do consistorio

- Anuncio -

José Cela informa que decidiuse pechar esta actividade por prevención e mantense en funcionamento o módulo de Albanelería, xa que non houbo conexión sen máscara entre os alumnos de ambos

Tras o peche puntual da Casa do Concello e o cumprimento de todos os protocolos sanitarios, procédese hoxe á súa reapertura con total seguridade

O alcalde de Moraña, José Cela, vén de anunciar que vaise confinar o módulo Forestal do Obradoiro de Emprego Xóvenes, iniciado o pasado mes de novembro, tras detectarse un caso positivo entre os seus oito alumnos e aplicar, de acordo coa normativa e co Concello de Valga -con que se comparte esta iniciativa formativa-, o procotolo sanitario correspondente.

“Aínda que temos unhas medidas moi exhaustivas fronte á covid-19 no obradoiro e os alumnos sempre levan máscara, o certo é que tamén comparten momentos de asueto para tomar o café ou comer o bocadillo, polo que decidimos que este módulo peche durante uns días pola aparición dun caso positivo e ata que Sanidade faga as correspondentes probas. Por uns días non vai pasar nada e así garantimos que, se fora o caso, se corte a transmisión do coronavirus”, manifestou o rexedor local.

Ademais, José Cela aclarou que o módulo de Albanelería, que conta con outros oito participantes, vai seguir en funcionamento, xa que, tras facer os correspondentes rastrexos, comprobouse que non houbo conexión entre ambos sen máscara e as demais medidas sanitarias. “É a solución máis axeitada facendo un cumprimento máis que estrito do protocolo de Sanidade, porque todos os nosos esforzos e medidas están orientados a protexer a saúde dos veciños de Moraña”, manifestou Cela.

Por outra banda, o alcalde anunciou tamén que hoxe mesmo procédese á reapertura da Casa do Concello despois de que se pechara provisionalmente, só co atención na porta previa chamada telefónica, ante a aparición dun caso positivo nun traballador municipal externo. José Cela, que está gardando un confinamento preventivo no seu domicilio por un contacto estreito, explicou que aplicouse a normativa e o protocolo sanitario e “danse todas as condicións de seguridade para os traballadores e para a cidadanía, polo que reabrimos o consistorio”.

En todo caso, e dada a incidencia e expansión da enfermidade en Moraña e en toda Galicia, o alcalde recomendou aos veciños que, durante as vindeiras semanas, só acudan en caso de trámites urxentes e imprescindibles, “xa que convén reducir a nosa interacción social para cortar a forte transmisión existente na actualidade”.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas