A Xunta asina o contrato para construír dúas novas sendas peonís en Abegondo, por un importe de preto de 500.000€

Redacción
Lectura mínima de 2

― Trátase de habilitar novos itinerarios nas marxes dereitas da AC-542 ao seu paso polas parroquias de Mabegondo e Montouto, que sumará case un quilometro de itinerario peonil

― Habilitarase un treito de 430 metros en Mabegondo e outro de 480 metros en Montouto para facilitar os desprazamentos a pé da veciñanza

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de asinar o contrato para levar a cabo as obras de construción de dúas novas sendas peonís no Concello de Abegondo.

Este contrato, adxudicado á empresa Success Infraestructuras y Servicios, S.A. por un importe de 484.126,34€ contan cun prazo e execución de 6 meses.

En concreto, estas obras permitirán habilitar itinerarios na marxe dereita da estrada autonómica AC-542, ao seu paso polas parroquias de Mabegondo e Montouto, e sumarán case un quilómetro de lonxitude.

No caso da senda de Mabegondo, executarase entre a intersección coa estrada AC-221 e a glorieta situada na intersección coa estrada provincia CP-0106, e terá 430 metros de lonxitude. E, en Montouto, a Xunta executará un itinerario de 480 metros que finalizará no cruce coa estrada provincial CP-0103, nun treito que na actualidade carece de beirarrúas.

Os traballos completaranse con outras melloras como nova sinalización, ordenación de accesos ou conexións con beirarrúas.

A Xunta mantén a súa aposta pola mobilidade sostible co fin de que os peóns poidan desprazarse de forma segura e saudable, recuperándose espazos para as persoas e a conexión do territorio con orde e respecto ao entorno que percorren.

Comparte este artigo