HomeA CoruñaO Concello de Malpica inicia as obras de mellora na capa de...

O Concello de Malpica inicia as obras de mellora na capa de rodadura no camiño do lugar de Leduzo

- Anuncio -spot_img

Trátase dunha intervención integrada no proxecto de mellora dos camiños de Raxeira a Tremoa, mesmamente o de Leduzo e o de Filgueiras a Loroxo.

O Concello de Malpica iniciou as obras de mellora na capa de rodadura no camiño do lugar de Leduzo, dentro do proxecto de mellora dos camiños de Raxeira a Tremoa, mesmamente no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executaranse as excavacións de gabias en terra. Realizarase un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes. Analizarase tamén as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros, procedendo a incrementalas ou disminuilas segundo corresponda.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, subliña que “con esta intervención seguimos avanzando na mellora das conexións interparroquiais de Malpica, para incrementar a seguridade viaria e dotar dunhas mellores infraestruturas á veciñanza”, destaca.

Publicacións Relacionadas