HomeA CoruñaA CoruñaO Concello recollerá as achegas da cidadania sobre a transformación dos peiraos

O Concello recollerá as achegas da cidadania sobre a transformación dos peiraos

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Inés Rey, valorou o cambio de postura da Autoridade Portuaria e lembrou a xuntanza que convocou o 23 para abordaren entre todas as administracións implicadas os usos dotacionais destes terreos, a recuperación desta parte da cidade ou cuestións de mobilidade

O Concello abrirá esta semana un espazo exclusivo na súa web municipal en que a veciñanza poderá consultar o documento que o Goberno local lle encargou á Universidade da Coruña, para a transformación dos terreos portuarios, e deixar as súas propostas, suxestións, dúbidas e comentarios. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que neste proceso de transparencia e participación cidadá se activará un formulario para agrupar todas as achegas “de cara a construírmos conxuntamente o futuro da Coruña”. Afirmou que para levar adiante un proxecto tan importante para a cidade “temos que contar con todas as opinións” e que polo tanto esta tarefa non atinxirá exclusivamente ao persoal técnico e experto urbanista, senón tamén “ás distintas entidades e colexios profesionais e mais as
asociacións veciñais e particulares que así o consideren”.
A rexedora valorou o cambio de postura da Autoridade Portuaria con respecto do
espazo portuario interior e lembrou a xuntanza que convocou o Concello para o día 23
con todas as administracións implicadas e que servirá para abordaren os usos
dotacionais que se lle darán a estes terreos, a recuperación case inmediata desta
parte da cidade, as solucións de aparcamento na zona e outras cuestións de
mobilidade.
Con ese espírito de consenso, sinalou que chamaron os distintos axentes a se
sentaren na mesa en dúas semanas para analizar polo miúdo temas importantes dos
que se leva moito tempo falando, como son a conexión ferroviaria a Punta
Langosteira, sobre como afrontar a débeda do Porto e o desenvolvemento da Coruña
coa desafectación dos peiraos. “Todas as reunións son positivas e a vontade das
administracións vai por esa liña: a de intentar poñer sobre a mesa os puntos en
común para traballarmos pouco a pouco as diferenzas pensando no futuro da cidade”,
asegurou Rey.

Publicacións Relacionadas