A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa
cos zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade nesta semana. Nesta ocasión será na
rúa Irmáns Nodales e as escaleiras de Xoán Villaverde Barcala.
Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona
de estacionamento estará valada dende hoxe pola tarde prohibindo o aparcamento nas
horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán
retirados polo guindastre municipal.
A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na
beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de
todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao
mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores
habituais do Concello.



