HomeOurenseOurenseA concelleira Flora Moure incorpórase á xunta de goberno local

A concelleira Flora Moure incorpórase á xunta de goberno local

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá o decreto de nomeamento dos integrantes da xunta de goberno local, á que se incorpora a concelleira Flora Moure Iglesias en calidade de voceira do grupo municipal do Partido Popular. O concelleiro Armando Ojea será o secretario deste órgano.

Así mesmo, o decreto fixa, salvo excepción xustificada, a periodicidade das sesións ordinarias da xunta de goberno local todos os xoves ás 8:30 horas, volvendo ao horario habitual.

A vindeira reunión da xunta de goberno local está fixada para este luns, 15 de febreiro, xa co quórum necesario ante a baixa por enfermidade do concelleiro Telmo Ucha.

Publicacións Relacionadas