Home A Coruña A Xunta aproba a creación de 24 prazas de funcionarios para os...

A Xunta aproba a creación de 24 prazas de funcionarios para os tres novos Xulgados do Social na Coruña, Lugo e Vigo

- Anuncio -

Cada un dos tres xulgados contará cun cadro de persoal de 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios, que concentran o 85% do custo da posta en funcionamento destes órganos xudiciais con máis de 722.000 euros

O Goberno galego investirá en total 850.000 euros no xulgado nº4 en Lugo, o nº7 da Coruña e o nº7 de Vigo, tanto en gastos de persoal como na dotación de mobiliario e material informático

A Xunta vén de aprobar a creación de 24 prazas de funcionarios para garantir a entrada en funcionamento dos tres novos xulgados do Social, o nº 7 da Coruña, o nº 4 de Lugo e o nº 7 de Vigo o 31 de marzo.

Cada xulgado contará cun cadro persoal de 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios co obxectivo de asignar a estes órganos xudiciais dos postos necesarios para dotalos dunha plantilla suficiente para desenvolver as súas funcións. Isto supón en total 6 prazas de xestores, 12 de tramitadores e 6 de auxilios, (tal e como o Goberno galego informou ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), ao que remitiu a solicitude de informe para a súa creación). O nomeamento de xuíces, fiscais e letrados da Administración depende do Ministerio de Xustiza.

A Xunta investirá 850.000 euros na creación destes tres novos xulgados, da que a maior parte -case o 85% con máis de 722.000 euros- corresponde ao custo do persoal. Ademais, o investimento completarase coa dotación de mobiliario e material informático.

A posta en marcha destes xulgados foi aprobada polo Ministerio de Xustiza tras a petición da Xunta consensuada co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a través da Comisión Mixta de Xustiza. O Goberno central aceptou este ano a creación dos tres tribunais propostos, mentres que en 2019 a Xunta xa reclamara novos xulgados en Vigo, Santiago de Compostela e Lugo e o Ministerio só aceptara os dous primeiros.

Os tres órganos comezarán a funcionar o 31 de marzo, tal e como deu traslado o pasado mércores o Ministerio de Xustiza, só dous días despois de que a Xunta manifestara o seu desacordo pola decisión que unha semana antes –o 2 de febreiro- o Goberno central tomara para adiar a súa entrada en funcionamento tres meses ata o 30 de xuño.

A Xunta considera prioritario a posta en funcionamento destes órganos xudiciais para axilizar e aliviar a carga de traballo da xurisdición do Social, que atende casos de Ertes ou despidos e, polo tanto, de relevancia para as familias afectadas polas consecuencias económicas da covid-19.

Relacionadas

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas