HomePontevedraO SalnésA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés comezou hoxe a contactar...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés comezou hoxe a contactar coas persoas maiores de 80 anos para iniciar a súa vacinación fronte á Covid 19 o vindeiro luns

- Anuncio -spot_img

Un equipo específico formado por 10 profesionais de persoal administrativo do SERGAS procede dende esta mañá a citar gradualmente por teléfono seguindo a orde alfabética desde a letra “H”

Un equipo de profesionais específico para a citación de vacinación fronte ao coronavirus ven de poñerse en marcha na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, iniciando hoxe dende o Hospital Provincial de Pontevedra o contacto telefónico de arredor de 22.000 cidadáns de mais de 80 anos, para comezar a partires do vindeiro luns 22 de febreiro esta campaña preventiva.

Dito chamamento arrancou esta mañá iniciando o contacto coas persoas con apelidos que comezan pola letra “H”, que fora elixida por sorteo ante notario na Consellería de Sanidade a pasada semana. A partir dela, segueráse a orde alfabética ata completar a citación deste importante sector de poboación.

Este primeiro contacto cos usuarios realízase telefonicamente por un equipo específico de 10 profesionais administrativos do Servizo Galego de Saúde. Unha vez fixada a data, as listaxes de usuarios e usuarias citadas estarán a disposición do persoal médico e de enfermaría do seu centro de saúde de orixe, así como do persoal de administración e servizos (PSX), que serán os que reconfirmen as citas diarias, nunha segunda chamada, co obxectivo de lembrar ésta e axustar organizativamente a previsión de doses de vacina a dispensar durante cada xornada.

A vacinación desde colectivo de risco na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés supón un novo reto organizativo e loxístico no plan de continxencia da COVID-19, tanto pola súa dispersión coma polo seu volume, xa que este grupo poboacional maior de 80 anos representa a arredor de 22.000 persoas da área.

6 equipos e 15 puntos de vacinación na Área
A campaña de vacinación do coronavirus -que levarán a cabo 6 equipos específicos, formados por 12 profesionais de enfermaría de Atención Primaria- efectuaráse a partires do vindeiro luns 22 de febreiro en 15 centros de saúde desta Área Sanitaria.

Serán os de Caldas de Reis -que asume tamén as vacinacións de usuarios de Cuntis, Portas e Moraña- o de San Roque en Vilagarcía de Arousa -que atenderá vacinacións de usuarios do centro de saúde de Catoira e do consultorio vilagarcián de Vilaxoán-.

Tamén o centro de Atención Primaria de Vilanova de Arousa asumirá as vacinacións do centro de saúde de Baión. Pola súa banda, o centro de saúde de Cambados será referente para vacinar á poboación diana dos centros de saúde de A Illa de Arousa, Ribadumia, Meis e dos seus consultorios de Paradela e San Martiño.

Tamén vacinaráse fronte á COVID-19 nos centros de Atención Primaria de Bueu, O Grove, Baltar en Sanxenxo -que asumirá vacinacións de usuarios procedentes dos centros de saúde de Vilalonga, Dena e Meaño- e no de Marín, que vacinará tamén a usuarios do centro de saúde da parroquia de Seixo.

O centro de Atención Primaria de Virxe Peregrina, no Concello de Pontevedra asumirá así mesmo as vacinacións do consultorio de Postesampaio. O pontevedrés de Lérez tamén vacinará á poboación asignada nos centros de saúde de Monteporreiro, Barro e Campolameiro. Tamén vacinará a poboación mais de 80 anos o centro de saúde de A Parda en Pontevedra.

Outros centros de saúde de referencia vacinal
Do total de 15 centros de saúde de referencia vacinal fronte á COVID-19 nesta Área Sanitaria, outro deles será o centro de saúde de Anafáns, no Concello de Poio, quen asumirá as vacinacións fronte ao coronavirus de usuarios dos consultorios de Combarro e de Raxó. O centro de saúde de Vilaboa será o referente para efectuar as vacinacións de poboación mais de 80 anos dos consultorios de Arcade e Romariz (Soutomaior).

Pola súa banda, o centro de saúde de Pontecaldelas asumirá as vacinacións de usuarios do centro de saúde de A Lama.

E, finalmente, xa no que atinxe ao servizo de Atención Primaria de Terra de Montes, o centro de saúde de Cerdedo será tamén referencia para efectuar as vacinacións fronte á COVID-19 de poboación mais de 80 anos dos centros de saúde de Soutelo de Montes, Forcarei, Carballedo e Tenorio (Cotobade).

Publicacións Relacionadas