HomePontevedraPontevedraDomínguez destapa que unha membro do BNG leva 20 anos encadeando contratos...

Domínguez destapa que unha membro do BNG leva 20 anos encadeando contratos irregulares no Concello a pesar de informes en contra de Intervención e Persoal

- Anuncio -spot_img

Os populares fixeron público un contrato por obra e servizo para Normalización Lingüística, que a lei limita a 4 anos, e que despois se debería sacar a concurso público para que os pontevedreses optasen á praza

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, fixo pública este venres a “prórroga irregular durante máis de 20 anos dun contrato entre o Concello e unha persoa que forma parte do Consello Local do Bloque Nacionalista da cidade”. Desde o ano 99, ano no que se contratou por primeira vez a esta persoa, o BNG renovou anualmente esta relación contractual, a pesar de que Lei de Contratación Pública limita a un máximo de catro anos este tipo de contratos, clasificados como de obra e servizo.

A pesar dos reiterativos informes desfavorables dos servizos de Intervención e de Persoal a esta contratación, “alegando que este posto debería cubrirse mediante convocatoria pública”, Domínguez é claro: “Lores utilizou a súa influencia para saltarse os informes destes dous servizos para manter, durante máis de 20 anos, contratada de forma irregular a unha persoa que forma parte do Consello Local do BNG, o cal está presidido por Raimundo González e Carme Dá Silva”.

“No mes de abril, polo menos dúas persoas con praza interina no Concello de Pontevedra van ver na rúa. Aquí estanse utilizando criterios distintos: se es do BNG ou non. E non me vou a calar: vou dicir todo o que entenda necesario para que a xente saiba que sucede no concello de Pontevedra, que curiosamente sempre beneficia ao Bloque”, engadiu o popular.

Esta comparecencia pública do líder dos populares da cidade do Lérez englóbase nunha serie de roldas de prensa nas que Domínguez veñen denunciado episodios nos que “o diñeiro de todos os pontevedreses terminou no peto de xente e asociacións afíns ao BNG”: “Organizacións políticas como Galiza Nova ou Galiza Sempre, fundacións nacionalistas, contratos a grupos de música de familiares e amigos, ou directamente xente da súa contorna política: a número 21 das listas locais, o responsable político do Salnés, ou cargos do BNG, como é o tenente alcalde de Barro”.

Sobre a creación dunha Comisión de Investigación para analizar estes contratos, petición xa rexistrada, Domínguez especificou que se finalmente BNG e PSOE aceptan: “Estudaríanse os contratos que fixemos públicos, sería limitada no tempo e, desde logo, tería o deber de sixilo ao que todos os concelleiros estamos obrigados. Para que a comisión tivese un perfil garantista, entendo que é o Partido Popular o que debería presidila, e non encontro a ninguén máis capacitado que a Pepa Pardo para facelo. Se tan seguros están de que os contratos son legais, non hai motivo para non estudalos. Difícil de entender éme con todo a posición do PSOE, supostos adaíl da verdade, que non cre necesaria a transparencia co diñeiro dos pontevedreses”.

Publicacións Relacionadas