HomeA CoruñaA CoruñaA Xunta ponse a disposición do concello da Coruña na busca dunha...

A Xunta ponse a disposición do concello da Coruña na busca dunha solución conxunta para a mellora dos accesos ao Hospital Oncolóxico

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Patrimonio Cultural contactou hoxe coa alcaldesa co fin de concretar unha xuntanza entre técnicos municipais e autonómicos para artellar unha proposta que preserve os valores patrimoniais deste territorio histórico do Camiño Inglés

A Xunta de Galicia ponse a disposición do Concello da Coruña co fin de deseñar unha solución conxunta para a mellora dos accesos ao Hospital Oncolóxico, que asegure a mellor accesibilidade a este recinto ao tempo que se preserven os valores patrimoniais da contorna onde se sitúa o edificio.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, púxose hoxe en contacto coa alcaldesa para transmitirlle a vontade do Goberno autonómico e, en concreto, dos técnicos do seu departamento, para traballar da man dos seus homólogos do Concello na busca da solución más axeitada para este proxecto.

O Hospital Oncolóxico da Coruña sitúase no territorio histórico do Camiño Inglés, polo que conta cun nivel de protección paisaxística e patrimonial no que non ten cabida o proxecto inicial presentado polo Concello da Coruña. Este contempla unha solución que, en opinión dos servizos técnicos, produce un excesivo impacto na paisaxe e nos valores ambientais da contorna protexida; de aí que a Xunta desestimara o recurso de alzada presentado polo Concello.

No obxectivo de mellorar os accesos a este recinto sanitario público, a Xunta comprométese a colaborar na busca dunha resposta más axeitada e co menor impacto posible no patrimonio cultural, sempre desde a posta en común e o consenso coa administración local.

Publicacións Relacionadas