Home Pontevedra Caldas O Partido Popular denuncia que a maioría dos servizos públicos do Concello...

O Partido Popular denuncia que a maioría dos servizos públicos do Concello de Cuntis préstanse con irregularidades de contratación

- Anuncio -

Sinalan os informes de Intervención, con reparos suspensivos a facturas que superan o millón de euros.

O Partido Popular de Cuntis fai balance do ano 2020 e da conta das “alarmantes” conclusións que se derivan dos datos económicos do Concello. Explica que durante o ano 2020 pagáronse 1.096.144 euros en facturas que evidencian “irregularidades de contratación cometidas polo grupo socialista”. Así o constatan os informes de Intervención, nos que se emite reparo suspensivo para todas esas facturas porque non se tramitaron os correspondentes contratos, ou ben se adxudicaron de xeito directo mediante contratos menores cando tiña que sacarse a concurso o correspondente contrato de servizos ou subministros, etc.
Os populares entenden que é un comportamento “neglixente e irresponsable” do Goberno socialista na xestión do diñeiro público. Dos 3.382.969 euros que o Concello de Cuntis tivo de orzamento en 2020, e unha vez pagadas as nóminas dos funcionarios, o diñeiro restante e dispoñible para prestar os servizos público ascendía a aproximadamente 2.324.000 euros. “Desa cantidade, o Goberno gastou case a metade do diñeiro de xeito irregular e ilegal”.
Ademais, os concelleiros do PP preguntaron ao Alcalde no último pleno como o alcalde “pode esixir aos veciños cumprir co pago de impostos e tramitacións de licenzas e permisos cando desde o Concello se está incumprindo a Lei ao encargar traballos sen contrato e sen control, sen reservar diñeiro para asegurar o dereito de cobro dos autónomos e empresas, e en moitos casos, sabendo que non hai diñeiro para pagar. E todo iso de xeito reiterado, ano tras ano”.
“As débedas no 2019 superaron o millón de euros, e a parte están os máis de 600.000 euros de facturas que seguen no caixón, desde hai meses e anos, e que seguen á espera de tramitarse e lonxe de pagar. E todo á espera de coñecer as débedas do 2020 que aínda non se puxeron os datos sobre a mesa”, engaden.
Para o PP local, todo isto resume a “pésima xestión e irresponsable uso dos recursos públicos do noso concello por parte do Goberno do PSOE”.
Como declaran os populares, “está moi ben pensar en novos e grandes proxectos, como ven anunciando o grupo socialista nos medios, pero ¿a costa de que, de non pagar os traballos que encarga, ou facelo anos despois endebedando ás empresas e ó Concello?”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas