HomeVigoPazos de BorbénA Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén celebra o Día de Rosalía...

A Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén celebra o Día de Rosalía cun espectáculo infantil de titeres

- Anuncio -spot_img
  • A actriz Raquel Queizás representará a súa obra “Buscando a Rosalía”
    O salón de actos da Casa do Concello de Pazos de Borbén acollerá mañá unha sesión de contacontos infantil organizado pola biblioteca municipal para homenaxear o 184 aniversario do nacemento da poetisa Rosalia de Castro. Para achegar a homenaxe á comunidade educativa participarán no espectáculo os alumnos de 3º e 4º de primaria do CPI Curros Enríquez e os seus profesores.
    O espectáculo de monicreques ten unha duración aproximada de 45 minutos e quere achegar a historia da autora aos asistentes, especialmente a súa nenez. Os anos que pasou ao coidado das súas tías e que supuxeron os primeiros pasos de Rosalía de Castro na poesía a través das cancións e as rimas sinxelas.
    O espectáculo comezará ás 13 horas e será totalmente gratuíto para os interesados en asistir que deberán realizar unha inscrición previa na biblioteca municipal para garantir o cumprimento do aforo e as normas sanitarias de prevención da Covid19.

Publicacións Relacionadas