Home O Salnés Meaño Os Test Rápidos de Antíxenos efectuados no concello de Meaño pola Área...

Os Test Rápidos de Antíxenos efectuados no concello de Meaño pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso positivo de Covid 19

- Anuncio -

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Meaño dentre 30 a 60 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.835 persoas
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.277 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 69,5 por cento da convocatoria voluntaria

Os cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no Concello de Meaño pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso positivo de COVID 19 nesta localidade.

Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar no centro de saúde de Meaño a tarde do pasado luns e a de onte, martes 23 de febreiro de 2021 nesta localidade.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Meaño dentre 30 a 60 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.835 persoas.

69,5 por cento da convocatoria voluntaria
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.277 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 69,5 por cento da convocatoria voluntaria.

Para levar a cabo dito cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou os pasados luns e martes no centro de saúde de Meaño con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas