HomePontevedraO PP pide á Deputación que explique como están os trámites e...

O PP pide á Deputación que explique como están os trámites e a viabilidade para recuperar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

- Anuncio -spot_img

Cubela critica que “utilicen a dación de conta dos informes de intervención para facer un mitin político co que esconder un pleno sen contido”.
“Describen a xestión do goberno no ano 2020 como algo ideal nun mundo ficticio. Esta liquidación demostra que ao final, de todas as deputacións galegas, a única que non estivo á altura no apoio aos sectores económicos afectados pola pandemia foi a de Pontevedra”, sinala.

O grupo provincial do Partido Popular reclamou hoxe ao Goberno da Deputación de Pontevedra información sobre os trámites que están facendo e os estudos de viabilidade para recuperar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros provinciais, entre os que se atopan os de Bueu, Ribadumia, Vilagarcía e O Porriño. O voceiro do PP, Jorge Cubela, pediu coñecer o contido dos informes económicos, financeiros e xurídicos sobre a viabilidade deste cambio de modelo. En definitiva, explica Cubela, o que queren é saber que sucederá cos traballadores dos parques no caso de que se asuma esa nova xestión, o custe que terá, a calidade do servizo que se prestará e cando se fará o cambio.

Ademais, durante o pleno, Cubela tamén criticou que os voceiros do PSOE e do BNG aproveitasen unha dación de contas dos informes de intervención, uns puntos que non requiren debate nin votación porque simplemente é dar conta á corporación, para dar un mitin político no que “describiron a xestión do goberno da Deputación no ano 2020 como algo ideal nun mundo ficticio”. Nesta liña, Cubela dixo que “esta liquidación demostra que ao final, de todas as deputacións galegas, a única que non estivo á altura no apoio aos sectores económicos afectados pola pandemia foi a de Pontevedra”.

Para o voceiro do PP, estas intervencións “intentaban camuflar que o Goberno provincial convocou un pleno sen contido, e por iso intentaron xustificar a apariencia de que 2020 foi un ano de éxito para a provincia, cando a realidade amosa un panorama ben distinto”. Ademais, critica que se permitisen intervencións de 10 minutos cando o regulamento provincial só permite ese tempo nos debates dos orzamentos. Por último, pediu ao Goberno provincial que “reflexione durante o 2021, que o bo comportamento que houbo por parte desta corporación a nivel de entendemento político nos primeiros sete meses do ano pódese volver a reproducir si o Goberno provincial quere”.

Publicacións Relacionadas