As e os gañadores do concurso artístico do entroido recolleron hoxe un lote de agasallos de mans do director Xosé Manuel Rey fixo
O Museo de Pontevedra entregou hoxe os agasallos do seu concurso artístico sobre o Ravachol no que participaron máis de 200 nenas e nenos e no que foi preciso crear dous accésit ante a calidade e orixinalidade das propostas. O director Xosé Manuel Rey foi o encargado do reparto, e animou á rapazada a que o Museo siga a ser unha institución importante para a súa formación e para os seus momentos de ocio.
As e os premiados foron:
1ª categoría
1º premio: Loro pirata Ravachol, Leo Caamaño Mera (4 anos)
Accésit: El Ravacholiris, Manuela Ramos Ricoy (6 anos)
2ª categoría
1º premio: Ravachol Harry Potter, Cintia Tizado Sanfiz (7 anos)
Accésit : O Ravachol vacinador, Julieta Iglesias Rodríguez (11 anos)
3ª categoría
1º premio O Ravachol olla por nós, Paloma Pérez Pérez (13 anos)
En total recibíranse 206 obras, na 1ª categoría (de 3 a 6 anos) foron 39; na 2ª categoría (de 7 a 11 anos) 164; e na 3ª categoría (de 12 a 14) só 3. Todas elas luciron expostas no espazo vidrado do Edificio Castelao e as gañadoras tiveron difusión tamén nas redes sociais e na web do Museo.
A equipa educativa organizadora do concurso entendeu o éxito da iniciativa tanto polo ‘tirón’ do propio Ravachol como figura do Entroido, como pola información enviada directamente aos centros de ensino, que participaron con clases enteiras entendendo a proposta como unha actividade didáctica de aula. Algúns dos centros que participaron foron o CPR Sagrado Corazón de Pontevedra, o CEIP San Martiño de Salcedo, o CEIP XUNQUEIRA nº1, o CEIP Froebel ou o CEIP San Benito de Lérez.