Os veciños e veciñas poden beneficiarse das vantaxes de ‘Liña Verde’, que serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio.
O Concello de Miño únese aos máis de 500 municipios que, a nivel nacional, dispoñen do servizo ‘Liña Verde’. A través desta canle de comunicación directo, os veciños e veciñas poden poñer en coñecemento do consistorio aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da app para móbiles ‘Liña Verde’. Para iso, o usuario accede a Google Play ou APP Store (Android/ iOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia.
Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aqéuella sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
A través de ‘Liña Verde’, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de “Feixe a túa consulta”. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.
Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.linaverdemino.gal. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental (guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio etc.).
Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas (custo da chamada 0,07 €/ min).
Difusión de noticias
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello aos cidadáns que así o desexen. Desta forma, tamén se pode facer chegar a información de servizo público que se considere oportuna como o corte de tráfico dunha rúa, o horario de determinados espectáculos municipais, ou o corte de auga ou luz que se poida producir en calquera punto. Tamén se poderán consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información relevante sobre o mesmo.
O Concello de Miño anima aos veciños da súa localidade para utilizar o servizo Liña Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadá, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.