HomeA CoruñaConcedidas as licenzas de primeira ocupación para 16 vivendas da rúa Aveás,...

Concedidas as licenzas de primeira ocupación para 16 vivendas da rúa Aveás, de Costa Miño

- Anuncio -spot_img

Con isto continúase completando a urbanización de todas as parcelas edificadas, tras a concesión de licenzas na rúa Rego do Can e as obras de urbanización da rúa Pontigo.
O Concello de Miño ha resolvido en Xunta de Goberno Local a concesión de licenzas de primeira ocupación para 16 vivendas na rúa Aveás, situada na urbanización Costa Miño. Con isto, continúa completando a urbanización de todas as parcelas edificadas, tras a concesión o pasado ano de licenzas na rúa Rego do Can e a finalización das obras de urbanización da rúa Pontigo.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destaca esta situación como ‘tremendamente positiva tanto para a urbanización como para o conxunto do noso municipio” e subliña que “se está producindo un cambio radical, paso a paso Costa Miño continúa revivindo e deixando atrás esa imaxe de abandono que a caracterizaba ata non fai moito”.
Neste sentido, o alcalde lembrou que o Concello acaba de recibir a propiedade de 20 estruturas de pareados na urbanización, concretamente na rúa A Fraga, e que espera que tamén cheguen ao mercado nuns meses.

Publicacións Relacionadas