Home Vigo Fornelos de Montes A Xunta achega case 34.000 euros para construír un parque infantil no...

A Xunta achega case 34.000 euros para construír un parque infantil no concello de Fornelos de Montes

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, esta actuación financiada ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público
A Xunta achegou case 34.000 euros ao Concello de Fornelos de Montes para construír un parque infantil na rúa das Escolas, en substitución do principal parque do municipio que se veu afectado polas obras de remodelación neste espazo. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a nova infraestrutura financiada polo Goberno galego na convocatoria do ano pasado da Orde de infraestruturas de uso público.
Deste xeito, o concello mantén a súa principal infraestrutura de lecer infantil tralos traballos de demolición e a retirada dos elementos interiores e a colocación dun novo pavimento e novos xogos como columpios, un tobogán, un saltador ou unha zona de escalada.
Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre administracións para mellorar os servizos municipais e impulsar iniciativas que dean resposta ás necesidades de cada concello e repercutan na mellora da calidade de vida dos cidadáns. Neste caso, a cooperación entre a Xunta e o concello permite contar cun espazo dedicado ao ocio infantil e convivencia para o desfrute das familias e contribuír así a fomentar o impulso demográfico.

Esta actuación levouse a cabo a través da Orde de infraestruturas de uso público, da que a Xunta xa publicou a convocatoria deste ano cun orzamento de 4 millóns de euros, mantendo a partida do ano pasado despois de incrementala en 2020 nun millón de euros.

As entidades locais poden optar a través desta liña de axudas a financiamento por parte da Xunta para a construción, ampliación ou mellora das súas infraestruturas destinadas a prestación de servizos municipais.

A Xunta xa apoiou no concello de Fornelos de Montes outros proxectos ao abeiro desta Orde con actuacións en varios parques infantís como o da rúa das Escolas, zonas recreativas e de lecer, na rede de alumeado público ou en edificios municipais. Tamén recibiu financiamento a través do Fondo de Compensación Ambiental para melloras de espazos ambientais e da rede de abastecemento. En total, o Goberno galego leva investidos nos últimos anos máis de 663.800 euros en melloras ambientais e de infraestruturas.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas