Home A Coruña A Pobra e Rianxo impulsan o obradoiro de emprego compartido Co-Mutare

A Pobra e Rianxo impulsan o obradoiro de emprego compartido Co-Mutare

- Anuncio -

O pobrense Auditorio do Museo Valle-Inclán foi escenario esta mañá do anuncio da solicitude á Consellaría de Emprego e Igualdade da Xunta dun obradoiro de emprego compartido entre os municipios da Pobra do Caramiñal e Rianxo. O nome escolleito para este proxecto é o de Co-Mutare, o cal combina traballo e formación coa finalidade de facilita-la inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego ao tempo que se revaloriza o monte e se lle dan novos usos.

Segundo explicou a concelleira pobrense do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), trátase, polo tanto, dun programa “moi interesante” que integra formación e empregabilidade, pois constitúe un mecanismo facilitador de cualificación laboral dos traballadores e traballadoras a través da obtención do correspondente certificado de profesionalidade do nivel 1, ademais de posibilitar un ámbito de formación no traballo para aquelas persoas que, por baixo nivel formativo, duración da súa situación de desemprego e outras circunstancias, precisen dun espazo e tempo de aprendizaxe de novas técnicas, do coñecemento de novos materiais e de pór en práctica novos procedementos.

O propio desenvolvemento do proxecto implicará durante nove meses a inserción laboral das 20 persoas participantes. As especialidades que se van impartir son ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ e ‘Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais’.

O labor administrativo do obradoiro de emprego recaerá no concello pobrense e as aulas teóricas transcorrerán no rianxeiro, mentres que a práctica será levada a cabo en ámbolos municipios.

A edil rianxeira da Promoción Económica, María del Carmen Figueira, enumerou os obxectivos principais nas intervencións, que serán o coidado dos espazos naturais a través da repoboación, da roza e da eliminación de axentes causantes de pragas e especies invasoras. Tamén o reaproveitamento dos restos forestais trala súa deforestación a través da reconversión en compost e recolección de froitos, sementes, plantas e demais produtos e contribución á hostalaría como medida de apoio trala crise derivada da COVID-19. Do mesmo xeito, referiuse ás faixas secundarias formadas a 50 metros arredor de núcleos, vivendas illadas e de vías de comunicación.

Canto ás perspectivas de emprego, para o conxunto das especialidades agárdase un nivel de inserción laboral neta de arredor do 25%, combinando autoemprego e contratación por conta allea, especialmente no marco da infraestrutura e servizos ambientais.

No caso da Pobra contarase coa colaboración das comunidades de montes de Lesón e Posmarcos. Actuarase na área do miradoiro de Valle-Inclán e na súa contorna, así como en superficies forestais que foron obxecto de lumes, en que proliferan especies invasoras ou en que a vexetación evolucionou de xeito natural e sen os coidados silvícolas.

En Rianxo as accións focalizaranse en terreos municipais: concretamente, en aproximadamente 17 hectáreas da zona do Barral, a cal foi asolada polos incendios de 2017.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, salientou o positivo de que dous concellos se unan para face-la solicitude deste tipo de obradoiros, sumando así esforzos e redundando nun beneficio para a veciñanza. Agardan así acadar un alto índice de inserción, pois apuntou que hai empresas interesadas en perfís laborais enfocados na revalorización do monte.

Pola súa parte, o rexedor da Pobra, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), sumouse ao expresado polo seu homólogo rianxeiro e manifestou que “é necesario que haxa iniciativas deste estilo que poñan en valor tódolos recursos que temos no monte.” Nesta liña engadiu que a serra do Barbanza “con tremendos valores paisaxísticos require tamén unha ordenación canto á súa explotación, tendo en conta a potencia que ten a nosa terra.”

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas