Home Valdeorras A Rúa A Deputación aproba axudas a iniciativas empresariais en A Rúa, Entrimo e...

A Deputación aproba axudas a iniciativas empresariais en A Rúa, Entrimo e Toén

- Anuncio -

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe por videoconferencia e presidida polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, aprobou a resolución na que se conceden axudas de 712,50 euros ao mes (ata un máximo de 12 meses) a tres iniciativas no marco do EmprendOU, proxecto que ten como obxectivo o apoio empresarial e de autoemprego en concellos rurais en declive demográfico da provincia de Ourense. En concreto, as achegas van destinadas a proxectos dos sectores do comercio, servizos técnicos de enxeñería e asesoramento técnico, e venda de automóbiles, nos concellos da Rúa, Entrimo e Toén.

No apartado de Cooperación, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 51.000 euros para o Concello de Avión destinada aos gastos de funcionamento da Escola Infantil Municipal de Avión, correspondentes ao ano 2021. Con esta mesma finalidade aprobouse unha axuda de 21.000 euros para o Concello de Ribadavia para os gastos de mantemento da Escola Infantil, correspondentes ao curso 2020-2021.

En materia de cultura, aprobouse unha axuda para o Concello do Carballiño, de 6.000 euros, para a celebración do “Premio Antón Losada Diéguez”, correspondente ao ano 2021. Mentres que, para o Concello de Cenlle, aprobouse unha axuda de 17.545 euros para o estudo e proxecto de ampliación do paseo termal. Por último, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda directa de 3.000 euros, por razóns de emerxencia social ao Concello de Muíños para a reposición de mobiliario e reconstrución dunha edificación incendiada en Guntimil.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas