A Concellería de Educación iniciará este luns, entre os escolares de Educación Infantil e de Primaria, un programa de promoción sobre saúde bucodental. Búscase que o alumnado coñeza a importancia de conservar e de manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan evitar enfermidades posteriores: “a maioría dos hábitos créanse nas primeiras etapas da vida”, sosteñen os técnicos responsables do programa, “e a escola é un contexto favorable para a formación integral”.
Participarán un total de 1353 alumnos e farase en todos os centros que solicitaron o programa de saúde. A primeira actividade será no CEIP Vistahermosa ás 10:00 horas.



