Home Ourense O Ribeiro O concello de Ribadavia plantea a construcción dun albergue na Estación de...

O concello de Ribadavia plantea a construcción dun albergue na Estación de Ferrocarril

- Anuncio -

O Goberno municipal leva meses traballando no acordo para a cesión da estación que xa só está pendente de asinarse e, paralelamente, na redacción do anteproxecto do “Albergue Estación Liberdade”.

O Concello de Ribadavia plantea a construción dun albergue na estación de ferrocarril de Ribadavia. O proxecto do futuro “Albergue Estación Liberdade” contempla a recuperación como albergue da estación de ferrocarril e adecuación da contorna, coa introdución dunha materialidade máis acorde ao medio coa introdución da vexetación e a reconstrución do quiosco das irmás Touza, permitindo tamén recuperar a memoria senlleira desta estación de tren a través da figura destas irmás que axudaron a moitas persoas a escapar da persecución Nazi.

As actuacións pretenden a resolución dun programa funcional para un albergue de 32 prazas, e convertilo nun edificio accesible, bioclimático e con pegada de carbono negativa. A reforma converterá a edificación nun albergue polivalente con programa aberto e adaptatado ás circunstancias e requerementos sanitarios actuais en canto á hixienización, deseñandose cada praza coma unha cápsula estanca e segura ante calquera axente ambiental. Será un establecemento vangardista fronte á Covid-19.

A inversión total para a construcción do albergue, tal e como recolle o anteproxecto, será de 822.808,94 €, correspondendo 654.052,66 € á reforma do edificio da estación e 168.756,28 € á contorna, incluindo urbanización e reconstrucción do quiosco das Irmáns Touza. O goberno municipal leva meses traballando no acordo para a cesión da estación, que xa só está pendente de asinarse, e paralelamente iniciáronse os traballos de redación de estudo previo e anteproxecto co estudo MOL Arquitectura, recentes gañadores do premio Galego de Rehabilitación concedido pola Xunta de Galicia.

O alcalde de Ribadavia sinalou que “Levamos traballando neste proxecto dende o mes de maio de 2020, momento no que mantivemos os primeiros contactos coa autoridade ferroviaria e que comezamos o traballo de redación do antrepoxecto. Hoxe temos o acordo pechado e xa só falta asinar o documento de cesión que se recibirá nestas semanas, para dese xeito comezar a traballar para que a “Estación Albergue Liberdade” sexa pronto unha realidade.”

César Fernández afirmou que “Para nós é tamén un valor engadido traballar no proxecto do “Albergue Estación Liberdade” con un estudo coma MOL Arquitectura, que ven de gañar o premio galego de rehabilitación por unha vivenda en Saa, no concello de Carballeda de Avia. O resultado final será un albergue vangardista fronte á COVID-19, e ao mesmo tempo será un lugar de recuperación da memoria da historia das Irmás Touza, símbolos eternos da liberdade en Europa.”

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Publicacións Relacionadas