Home Ourense O Ribeiro “César Fernández fixo un labor encomiable cun goberno que facía moitos anos...

“César Fernández fixo un labor encomiable cun goberno que facía moitos anos que non se vía en Ribadavia”

- Anuncio -

· Tralo relevo na alcaldía logo da moción de censura, Rosendo Fernández afirmou que “estaremos expectantes para ver o que dá de se esta coalición que non foi quen de entenderse hai dous anos, pero que agora dá un paso sen sentido, sen pes nin cabeza e sen motivacións”.

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, cualificou hoxe a xestión do ata o de agora alcalde de Ribadavia, César Fernández, como “un labor encomiable cun goberno estable que facía moitos anos que non se vía neste concello”, agradecendo en nome do PP ourensán “o exemplo que supuxo para o noso partido como persoa comprometida co seu territorio e as súas xentes”.

Nestes dous anos, dixo Rosendo Fernández, o alcalde popular de Ribadavia “foi capaz de manter un goberno estable e sólido grazas ao que conseguiu destacados investimentos e o compromiso de administracións como a Xunta e a Deputación para realizar necesarios proxectos, grazas tamén á súa capacidade de colaboración institucional”.

A partir de agora e tras a substitución na alcaldía despois da celebración esta mañá do pleno de moción de censura, o secretario xeral popular afirmou que “estaremos expectantes para ver o que dá de se esta coalición que non foi quen de entenderse hai dous anos, pero que agora dá un paso sen sentido, sen pes nin cabeza e sen motivacións”.

Para Fernández, “Ribadavia ten agora un goberno de excepción que comeza impoñendo vetos”, referíndose así ao exregidor socialista e deputado provincial, Ignacio Gómez, “que foi o muñidor da moción, pero que quedou sen absolutamente nada porque non o querían de alcalde”.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas