Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Salnés Os test con PCR efectuados en pasadas datas en Centros Educativos do...

Os test con PCR efectuados en pasadas datas en Centros Educativos do concello de Sanxenxo pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron dous positivos de Covid-19

- Anuncio -

Os cribados nos CEIP Portonovo, IES Vilalonga e CEIP Noalla-Telleiro complementaránse mañá domingo no CovidAuto do Hospital Provincial de Pontevedra con outras PCR a 92 citados do colectivo profesional de establecementos de alimentación emprazadados en Sanxenxo

Os cribados poboacionais con PCR efectuados en pasadas datas en centros educativos do Concello de Sanxenxo pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron dous casos positivos de COVID 19. Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar entre os pasados xoves 25 e venres 26 de marzo nos centros educativos CEIP Portonovo (357 citados, 315 probas efectuadas -88,2% de asistencia-), IES Vilalonga (586 citados, 461 probas efectuadas -78,6% de asistencia-) e CEIP Noalla-Telleiro (156 citados, 124 probas efectuadas -79,4% de asistencia-), que se complementará co cribado que se efectuará mañá domingo no CovidAuto do Hospital Provincial de Pontevedra a 92 citados do colectivo de profesionais de establecementos de alimentación emprazados no Concello de Sanxenxo -Gadis, Froiz, Carrefour e Praza de Abastos-.

Máis cribados poboacionais esta vindeira semana
Complementariamente, para esta vindeira semana o Servizo Galego de Saúde prevé dar continuidade a estas probas no Concello de Sanxenxo nunha carpa COVID emprazada na explanada fronte ao centro de saúde de Baltar, onde os vindeiros martes 30 e mércores 31 de marzo de 2021 efectuaránse novos cribados poboacionais con PCR convencional cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos de COVID 19 e reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade sanxenxina, única da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés aínda en nivel Alto de incidencia na actualidade.

Á dita iniciativa preventiva, a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, a outros 2.400 habitantes de Sanxenxo dos sectores da Hostalería, o Taxi, a Policía Local, a Protección Civil, o sector de Axuda no Fogar, de clubes deportivos así coma un colectivo poboacional aleatorio dentre 18 e 60 anos de idade.

Dous equipos de enfermaría en cada turno
Para levar a cabo estes novos cribados, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará a partires das 9 horas polas mañás e ás 15:30 horas polas tardes na carpa COVID sita na explanada fronte ao centro de saúde de Baltar con dous equipos de enfermaría en cada turno.

Estes equipos efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realizarán as tomas de mostras nasofarínxeas e aportarán información técnica destas probas aos usuarios.

Mostras procesadas en Pontevedra
A totalidade das mostras tomadas no Concello de Sanxenxo procesaránse no servizo de Microbioloxía do Hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, sendo os resultados comunicados por SMS aos usuarios no caso de que éstes resulten negativos.

Se, pola contra, foran positivos, a devandita notificación comunicaráse telefónicamente de xeito individual e inmediato a cada cidadán.

Relacionadas

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o...

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

Publicacións Relacionadas