Duascentas persoas participaron nas Escolas Deportivas Municipais de Frades

Redacción

Uns douscentos nenos, nenas e persoas adultas participaron nas exhibicións da festa de clausura das Escolas Deportivas Municipais de Frades 2025/20265, que tivo lugar este pasado sábado no polideportivo municipal de Ponte Carreira. Unhas demostracións que remataron coa tradicional entrega de diplomas por parte do alcalde, Roberto Rey; e os concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos, e Ensino, Manuel Ferreiro.

Durante algo máis de dúas horas, pola pista polideportiva de Ponte Carreira actuaron os alumnos e alumnas de zumba (infantil e adultos), ximnasia rítmica, fútbol sala e patinaxe (nenos e nenas) e ioga, hipopresivos e pilates (adultos). Tamén houbo diplomas para o alumnado de inglés e mecanografía.

Comparte este artigo