Home Valdeorras A Rúa A cooperación entre Deputación, Xunta e Concello da Rúa farán posible o...

A cooperación entre Deputación, Xunta e Concello da Rúa farán posible o novo centro de saúde na vila

- Anuncio -

Manuel Baltar, quen asistiu ao acto de sinatura do convenio que vai posibilitar a realización da obra, felicitou ao alcalde Álvaro Fernández “por satisfacer unha longa demanda da veciñanza da Rúa e mellorar os servizos públicos”

O presidente da Deputación de Ourense asistiu hoxe ao acto de sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello da Rúa, que posibilitará a construción do novo centro de saúde nesta localidade valdeorresa. A Deputación de Ourense achega un montante económico de 130.000 euros para o acondicionamento de viarios e a urbanización da parcela. “Trátase dun proxecto de cooperación entre a Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello da Rúa que fará realidade unha longa demanda da veciñanza e mellorará os seus servizos públicos, polo cal felicito ao alcalde da Rúa, Álvaro Vila, polo consecución desta infraestrutura”, afirma Manuel Baltar”, quen destaca a “importancia que esta obra ten nestes momentos de pandemia, onde mellorar os servizos públicos sanitarios é a máxima prioridade, e a palabra clave para iso é “cooperación” entre as administracións públicas, como estamos a facer”.

O convenio foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández López, un documento que establece as bases para a construción dun novo centro de saúde na localidade. A realización desta infraestrutura sanitaria pertencente á rede pública galega conta cun orzamento estimado de 1,2 millóns de euros e atenderá a preto de 4.000 pacientes. O novo centro de saúde, que duplicará a superficie actual pasando dos 490 metros cadrados a máis de 1.000, terá consultas e salas de espera más amplas e incluirá unha sala de espera pediátrica específica, ademais dunha nova sala polivalente, unha consulta de atención de urxencias, unha consulta de enfermaría pediátrica e unha consulta do programa da muller. Tamén eliminará as barreiras arquitectónicas, ao pasar a ser un edificio dunha soa planta.

No acto, ademais do conselleiro, do alcalde e do presidente da Deputación de Ourense, estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial.

Os orzamentos para 2021 da Xunta de Galicia contemplan un incremento do 108 % en Atención primaria, pasando de 26 millóns de euros en 2020 a 55 millóns para este ano. Na provincia de Ourense, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde en Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Ourense (O Couto), Barbadás (A Valenzá) ou Pontedeva e realizáronse importantes reformas en Carballeda de Avia, Gomesende, O Bolo, Leiro, Carballeda de Valdeorras e Cenlle. Só nesta provincia acaban de poñerse en marcha dous novos centros de saúde: o de Pereiro de Aguiar e o de Paderne de Allariz, que comeza hoxe mesmo a funcionar, e xa están listos os proxectos de reforma dos centros de saúde de Arnoia e Ribadavia, co obxectivo de licitar canto antes as obras.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 2,6 millóns de euros para...

0
Os novos recursos beneficiarán a Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Lecer en familia”, dotado...

0
O programa busca tamén ser “dinamizador da economía da provincia”, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico fóra...

Publicacións Relacionadas