A contía que achega a Xunta é de 55.000 euros
O Concello de Ribeira resulta beneficiario dunha subvención da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade para o servizo de conciliación familiar cunha concesión de 55.000 euros. Esta achega servirá para contribuír a financiación dos obradoiros que brinda a Administración local á cidadanía en períodos non lectivos para facilitar a compatibilización da vida persoal e laboral das familias ribeirenses.
Con relación a isto, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, explica que “esta subvención axudaranos a sufragar parte da inversión que facemos dende o Concello de Ribeira para os programas Ribeira Concilia que sempre lanzamos en períodos no que a rapazada non ten clases para darlle así facilidades ás súas familias.”
De feito, na vindeira semana comezará unha nova edición focalizada no período estival que se estenderá ata o mes de setembro, antes do inicio do novo curso académico.

