Festas de San Xoán seguras e libres de violencias

Redacción

Queremos que o San Xoán sexa un espazo de ledicia, respecto e tranquilidade para todas e todos. Por iso, dende a Concelleiría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, poñemos en marcha dende hoxe mesmo e ata o final das festas o Punto Morado.

​Se ti ou alguén do teu contorno o precisa, o persoal do vehículo municipal estará dispoñible para ofrecer axuda inmediata.

​ Que servizos ofrece este punto?

​Atención prioritaria ante violencias machistas e agresións sexuais: Espazo seguro, confidencial e de apoio directo.

​Prevención de submisión química: Grazas á colaboración da Asociación Vieiro, que se suma á campaña municipal, distribuiranse cubrevasos protectores para garantir un ocio máis seguro.

​Atención ante delitos de odio e situacións de vulnerabilidade.

​Punto de seguridade para menores de idade: Se un/ha adolescente queda só/soa na festa, pode achegarse ao vehículo. Alí ofreceráselle acompañamento e protección ata que a súa familia veña recollelo/a.

​Carga de móbil gratuíta: Un servizo para a mocidade co obxectivo de evitar que ninguén quede incomunicado/a ou en situación de risco.

​Información e recursos: Orientación sobre todas as ferramentas dispoñibles contra a violencia de xénero.

​Coordinación directa coas forzas de seguridade e servizo de primeiros auxilios básicos.

​O dispositivo traballa tamén de xeito coordinado recibindo ás usuarias derivadas polas forzas de seguridade ou o propio persoal do dispositivo xeral da festa.

​️ Se ves algo oi necesitas axuda, achégate. Desfruta do San Xoán con responsabilidade. Por unhas festas libres de violencias!

#SanXoán2026 #CarballoSeguro #FestasLibresDeViolencias #ConcelloDeCarballo #Agresións00

Comparte este artigo