Home A Coruña Primavera Xove organiza actividades para a mocidade nos espazos xove de Curtis,...

Primavera Xove organiza actividades para a mocidade nos espazos xove de Curtis, Ourense e Vilalba

- Anuncio -

En todas estas localidades celebráronse charlas, obradoiros e exposicións, entre outras iniciativas

 programa Primavera Xove da Xunta de Galicia celebrou hoxe unha nova xornada nos espazos xove de Curtis, Ourense e Vilalaba. Hoxe, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu á feira celebrada no municipio coruñés, onde tivo lugar unha charla sobre sostibilidade e liñas de negocio, así como tamén se repasaron os perfís laborais máis demandados polo departamento de recursos humanos.

Aquí programáronse diferentes actividades, a primeira sobre a seguridade viaria, a cargo dun corredor de rallies; a esta lle seguiu un obradoiro Dj, no que se fixo unha exhibición musical sobre a mestura de distintos tipos de sons; e por último unha actividade sobre a customización de gorras.

En Ourense
Ademais das actividades en Curtis, a directora xeral tamén visitou as celebradas no Espazo Xove de Ourense, no que se realizaron diferentes iniciativas como unha exposición fotográfica de catro artistas ou unha xornada de xogos tradicionais organizados polo alumnado de prácticas do CIFP Portovello.

Tamén tivo lugar un faladoiro a cargo da psicóloga Patricia Gómez Salgado seguido dun obradoiro de deseño creativo de letras, da man de Gabriela Dueñas. Tamén se levou a cabo unha clase demostración de guitarra que rematou cunha actuación musical, a última programación foi un obradoiro de breakdance organizado polo grupo do Espazo Xove.

En Vilalba
Pola súa banda, na localidade lucense de Vilalba a xornada estivo centrada na celebración de senllos obradoiros de graffitis e pinchadiscos para rematar cunha exhibición de xadrez por un profesional deste eido.

Cristina Pichel puxo en valor este tipo de actividades enmarcadas no Programa Primavera Xove, programa novidoso posto en marcha este ano, que ao longo de todos os venres do mes de maio celebra unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna nos diferentes Espazos Xove. Recordou que son unha oportunidade única para garantir que a xuventude manteña un ocio seguro ao tempo que segue desfrutando de foros formativos e espazos de entretemento.

Para máis información sobre a programación da iniciativa Primavera Xove: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas