HomeVigoMosO Concello homenaxea ao Club Natación Mos polos resultados no Galego de...

O Concello homenaxea ao Club Natación Mos polos resultados no Galego de Fondo Máster e no Campionato de España Infantil

- Anuncio -spot_img

Roi Rodríguez, Adrián Trillo, Alberto Trincado e Carolina Pereiro foron esta mañá protagonistas da recepción municipal celebrada coincidindo coa V Xornada de Natación Máster que hoxe acolleu o Pavillón Óscar Pereiro

Coincidindo coa V Xornada de Natación Máster que hoxe se disputa na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro, o Concello de Mos organizou nas devanditas instalacións deportivas unha recepción ao

CLUB NATACIÓN MOS polos últimos resultados obtidos no Campionato Galego de Fondo Máster e no Campionato de España Infantil.

Ao acto homenaxe ao club celebrado esta mañá asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais edís membros do equipo de goberno local e representantes dos grupos da Corporación Municipal.

O Club Natación Mos acudiu con só tres nadadores ao Campionato Galego de Fondo Máster que se disputou en Carballo o domingo, 25 de abril, onde participaron 17 clubes.

Nesta competición o Club Natación Mos obtivo os seguintes resultados en 800 metros libre: Roi Rodríguez López, resultou campión galego, con récord galego máster na categoría de 20 a 29 anos e premio á mellor puntuación Fina. Adrián Trillo Rodríguez, resultou subcampión na categoría de + de 25 anos. E Alberto Trincado Fernández, alcanzou un meritorio 4° posto na categoría de + de 50 anos.

No cómputo final por clubes, o Club Natación Mos quedou 3° en categoría masculina, a un só punto do subcampión, a pesar de acudir con só tres nadadores.

Pola súa banda a nadadora Carolina Pereiro fixo o pasado mes de marzo un excelente papel no XL Campionato de España Infantil en Málaga, onde se situou entre as 12 mellores do noso país.

Publicacións Relacionadas