O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou esta mañá xunta de portavoces para o xoves, día 20 de maio, ás 9:00 horas, no salón de plenos do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA
PRIMEIRO.- Posta en coñecemento do cambio de situación a concelleiros non adscritos de diversos membros da Corporación Municipal.
SEGUNDO.- Estudio da composición das Comisións de Pleno e do réxime de participación dos concelleiros non adscritos nas sesións plenarias.
TERCEIRO.- Outros asuntos de interese municipal.



