HomeO MorrazoMarínOs nenos e nenas de Marín poderán converterse en Manuel Torres nas...

Os nenos e nenas de Marín poderán converterse en Manuel Torres nas súas próximas visitas ao Museo

- Anuncio -spot_img

A concelleira Itziar Álvarez presentou esta mañá o novo Pinta con… , un caderno no que a rapazada atopará os cadros do pintor marinense e poderá replicar, pintando ao seu gusto e estilo. Serán repartidos entre o alumnado que visite o centro museístico da man dos seus centros educativos.

Xa hoxe, aproveitando a actividade organizada polo Día dos Museos, algúns nenos e nenas estrearon o caderno.

O pintor Manuel Torres é o protagonista do novo Pinta con…, a actividade impulsada polo Concello de Marín a través da cal se lle regala un caderno á rapazada de Marín con bosquexos a unha liña e sen pintar dos cadros do artista, para que poidan iniciarse no mundo das cores e da arte pictórica.

A concelleira Itziar Álvarez presentou esta mañá o caderno, aproveitando a actividade do Día dosMuseos, que convidou aos nenos e nenas da vila a estrear xa este caderno, no que as obras de Torres van tomando forma da man da creatividade e o enxeño das novas xeracións.

O caderno irase repartindo entre o alumnado que de aquí a final de curso veña coñecer o Museo da man dos seus centros educativos, “aínda que tamén o repartiremos entre os nenos e nenas que veñan visitarnos pola súa propia iniciativa ou da súa familia”.

Para a concelleira, este caderno supón unha oportunidade para achegar a obra de Torres aos máis pequenos, “para que comprendan a trascendencia da súa creación e para que se acheguen á pintura, como unha actividade cultural apaixoante, a través da súa propia creatividade”.

Publicacións Relacionadas