Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis denuncia a actitude “avasalladora, impositiva e despreocupada” do...

O PP de Cuntis denuncia a actitude “avasalladora, impositiva e despreocupada” do Goberno local, con trabas á oposición no acceso aos expedientes municipais

- Anuncio -

O Partido Popular de Cuntis denuncia que o alcalde, “de xeito ditatorial e totalmente fóra de lugar”, cambiou desde hai uns meses o procedemento que se viña seguindo nos últimos anos para que os concelleiros puidesen consultar os expedientes e toda a información municipal, que por dereito se lles debe facilitar. Con este cambio, está impoñendo a presencia física dos concelleiros no consistorio, en lugar de dar acceso por medios electrónicos, que era o procedemento fixado nos últimos anos.
Os Populares de Cuntis manifestan “estar desconcertados, pero sobre todo preocupados”. Consideran esta actuación imposta por Campos “desafortunada, obstaculizante, desacertada e sobre todo neglixente”.
Desafortunada e obstaculizante, porque en lugar de empregar a plataforma electrónica implantada no Concello e que conta con toda a documentación dixitalizada, se opta por retroceder cara métodos de traballo máis arcaicos e de hai 40 anos, obrigando a que empregados públicos malgasten horas de traballo soamente pola teima de mostrar fisicamente os expedientes e imprimir copias en papel. Un simple click na plataforma electrónica viña permitindo esa consulta telematicamente, evitando ese despilfarro de tempo de persoal municipal e de papel (aumentando tamén a pegada de carbono en contra dos compromisos asinados polo Concello no Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía).
Desacertada, porque os populares aseguran que con esta actitude do Grupo Socialista non conseguirán impedir a súa labor de oposición, pero si poñen trabas á transparencia e á fiscalización do Concello, tratando de ocultar a xestión irregular que, segundo os Populares, se está facendo por parte do Grupo de Goberno, con contratacións irregulares e centos de facturas de fai anos sen pagar, sumindo ó Concello nos graves problemas económicos polos que atravesa.
Por último, os populares consideran esta actitude altamente neglixente; cando en lugar de restrinxir ó máximo a presencia de público nos edificios municipais, evitando situacións de contaxio como fixan as recomendacións sanitarias, se obriga ós concelleiros a pasar fisicamente polo Concello para o mero acto de recoller a documentación, totalmente prescindible.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas