O Concello de Ribeira resulta beneficiario dunha subvención para a mellora dos vestiarios do campo de fútbol de Aguiño

Redacción

 A contía ascende a 32.000 euros

Concello de Ribeira resulta beneficiario dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para a mellora da envolvente dos vestiarios do campo de fútbol de Aguiño.

O orzamento total do proxecto sitúase nos 56.507’81 euros, dos cales a Xunta de Galicia aporta o 56’63%, que se corresponde con 32.000 euros.

Esta achega permitirá seguir mellorando as infraestruturas deportivas do municipio, focalizándose nun campo con gran actividade.
“Continuamos na senda de acondicionar as instalacións deportivas para incrementar as prestacións para as persoas usuarias, tanto deportistas como público que accede ás mesmas. E, desta vez, poñemos o foco na mellora da envolvente dos vestiarios do campo de fútbol de Aguiño; un recinto con moita actividade deportiva no que queremos facilitar o día a día dos futbolistas que alí adestran e xogan partidos”, explica o concelleiro de Deportes, Álex Vidal.

Comparte este artigo