A actación contou cun orzamento de 33.600 euros que foron financiados a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de asfaltado e acondicionamento nos accesos ao barrio de Candán. A mellora, financiada a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural, inclúe a renovación da capa de rodadura en máis de 2.300 metros cadrados e a creación dunha nova cuneta para a recollida de augas pluviais.
Os traballos de regularización do firme e posterior asfaltado levaron a cabo nun tramo de 540 metros de longo e un ancho medio de 4 metros. Ademais, para mellorar a seguridade viaria dos condutores, instalouse unha nova tajea de formigón de máis de 40 metros de longo que permitirá evacuar todas as augas pluviais correctamente, evitando así a creación de grandes charcos nas épocas máis chuviosas. Os traballos tamén inclúen o realce das tapas de rexistro na calzada a nivel co novo firme e as correspondentes marcas viarias.
Ademais, como parte de preparación do terreo, procedeuse á regulación das cunetas para asegurar que están libres de restos orgánicos e vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou o estado da mellora e afirmou que “se trata dunha actuación pequena, pero que será de gran utilidade aos veciños da zona e que servirá para mellorar a seguridade viaria, especialmente durante o inverno” finalizou o rexedor.



