O Concello de Ribeira organiza un taller para coidadores familiares e profesionais do ámbito sanitario

Redacción

 Terá lugar no 24 de xullo, no Centro Cultural Lustres Rivas

O Centro de Información á Muller de Ribeira (CIM) xunto ao Club de Cuidadores Vidal al Cuidado achegan á cidadanía un taller de coidados titulado Incontinencia, hixiene e protección destinado a coidadores familiares e profesionais do ámbito sanitario.

Este obradoiro desenvolverase no venres, 24 de xullo, de 10.00 a 11.30 horas, e non require inscrición previa.

A este respecto, a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, indica que “organizamos esta acción formativa para axudar á figura do coidador en como brindar unha mellor axuda aos pacientes e darlles ferramentas sobre como actuar fronte a determinadas situacións.

Achegamos este taller dende a área de Igualdade posto que o papel de coidador é normalmente asumido polas mulleres, se ben esta realidade vai mudando.”

Comparte este artigo