Home A Coruña A planta porvisional habilitada por Sogama para tratar residuos sanitarios deixa de...

A planta porvisional habilitada por Sogama para tratar residuos sanitarios deixa de operar ante a mellora da evolución da pandemia

- Anuncio -

Grazas a esta instalación, posta en marcha en tempo récord e activa nos momentos álxidos das tres ondas da covid, tratáronse 285.280 kg de material desbotable de baixo risco como buzos, luvas, máscaras e similares

A mellora da situación sanitaria traduciuse nunha menor xeración deste tipo de refugallos, que xa poden volver a xestionar o resto de plantas habilitadas para este fin

A planta provisional habilitada por Sogama no complexo medioambiental en Cerceda para xestionar residuos sanitarios de baixo risco (como buzos, luvas, máscaras desbotables e similares) acaba de cesar a súa actividade tras constatarse que a mellora da evolución da pandemia se traduciu tamén nunha notable redución na xeración deste tipo de refugallos, de xeito que, a día de hoxe, poden volver a ser xestionados integramente polas plantas dedicadas en Galicia ao seu tratamento.

No período durante o que estivo operativa a instalación, entre abril de 2020 e o pasado mes de marzo, Sogama xestionou un total de 285.280 quilogramos de residuos sanitarios de baixo risco mediante un proceso de valorización enerxética a máis de 850ºC, temperatura coa que se garante a eliminación controlada de patóxenos e outros axentes nocivos.

A actividade da planta provisional, por tanto, coincidiu cos momentos álxidos das tres ondas máis virulentas da covid en Galicia e, a medida que a incidencia da pandemia foi sendo menor, detectouse un descenso progresivo na entrada deste tipo de material.

De feito, a entidade pública localizada en Cerceda non volveu recibir refugallos procedentes dos centros adscritos ao Sergas desde o pasado 11 de marzo, circunstancia que, a día de hoxe, permite prescindir definitivamente da actividade desta infraestrutura, que operou en todo momento de forma independente, con persoal externo contratado e horarios diferenciados aos do resto de traballadores do complexo medioambiental.

Instrucións ministeriais sobre o tratamento
Cómpre lembrar que, debido ao aumento exponencial da xeración de residuos sanitarios a partir de marzo de 2020, o Goberno central ditou unhas instrucións nas que se contemplaban dúas opcións de tratamento para este tipo de refugallos: depósito en vertedoiro ou valorización enerxética, dando prioridade a esta última fórmula, por ser un proceso máis eficiente e seguro.
As comunidades autónomas que contan con plantas de valorización enerxética –Cantabria, País Vasco, Cataluña e Baleares, ademais de Galicia botaron man das mesmas, evitando así que estes materiais acabasen en vertedoiro, a alternativa menos desexable debido ao seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde das persoas.
No caso galego, Sogama redactou o proxecto nun tempo récord e, unha vez dispuxo da autorización administrativa por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, habilitou unha planta provisional onde os residuos sanitarios de baixo risco recibían un pretratamento a través da súa trituración e acondicionamento en forma de combustible CDR, para ser valorizado enerxeticamente na planta termoeléctrica.

Dadas as circunstancias excepcionais nas que se tivo que levar a cabo este labor, Sagama quere transmitir o seu máis sincero agradecemento ao equipo humano do ente, polo esforzo investido para facer fronte a unha situación imprevisible que se pechou con éxito.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Publicacións Relacionadas