Home Pontevedra A Lama O concello reasigna fondos municipais procedentes de remanente de tesourería a reforzar...

O concello reasigna fondos municipais procedentes de remanente de tesourería a reforzar servizos sociais e subministros para facer fronte ás consecuencias da Covid-19

- Anuncio -

O Pleno aprobou por unanimidade o nomeamento de David Carrera como representante na Mancomunidade Terras de Pontevedra e a Daniel Vidal, como suplente

A proposta do equipo de goberno de suplementar con 70.000 euros, procedentes do remante de tesourería do ano pasado, ás partidas de Servizos Sociais e subministros motivados pola enorma demanda detectada polos efectos da pandemia tiveron o respaldo unánime dos concelleiros asistentes ao Pleno Municipal (PP, Cs e BNG).

Así os concelleiros presentes aprobaron o expediente de modificación de crédito, modalidade suplemento de crédito, para reforzar as necesidades que diversos departamentos puderan ter de aquí a final de ano, especialmente o de Servizos Sociais, que ten que atender un incremento de actuacións directamente derivadas das consecuencias da pandemia da Covid-19.

Outra parte dos 70.000 euros irá destinada á adquisición de subministros coa intención de que os operarios municipais poidan acometer un maior número de obras e servizos aproveitando a posibilidade que o Concello da Lama ten de utilización do remanente de tesourería que o ano pasado superou os 240.000 euros.

SOLVENCIA ECONÓMICA E PAGO MEDIO DE FACTURAS EN 13 DÍAS

O alcalde, Jorge Canda, salientou a solvencia económica do Concello e a capacidade de acomete-las necesidades e servizos da veciñanza e sinalou que no primeiro trimestre do ano o nivel de execución orzamentario superou xa os 228.000 euros mentras que o promedio de pago de facturas aos provedores sitúase en tan so 13 días desde a data de presentación e corroboración de calquera factura.

Por outra banda, a Corporación Municipal aprobou o nomeamento por unanimidade do tenente de alcalde David Carrera, como representante do Concello na Mancomunidade Terras de Pontevedra e do concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, como suplente.

Asemade, no apartado de rogos e preguntas o voceiro de Ciudadanos, Andrés Cal, interesouse pola recolocación do paso de peóns ubicado xunto á Praza da Pedreira que, despois das obras acometidas, non se atopa pintado representando, ao seu xuizo, un perigo para os viandantes e sobre todo para os nenos.

O alcalde, Jorge Canda, manifestoulle que está pedido e aprobado pola Deputación a recolocación deste paso de peóns na estrada de titularidade provincial e que agardan que o ente supramunicipal proceda canto antes á súa restitución, como está previsto.

Cal tamén se interesou pola recente decisión de poñer de sentido único e descendente da rúa Igrexa ao que o alcalde lle contestou que está en fase de estudio para ver o resultado que dá e tamén para ve-la posibilidade de establecer diversos sistemas de estacionamento que están sendo obxecto de deseño polos técnicos para decidir con criterio definitivo os efectos que terá esa solución habilitada provisionalmente que pode quedar así de forma definitiva ou non.

Tamén preguntou o voceiro de Cs pola intención do Concello con respecto á celebración de festas e eventos culturais. Neste tema o alcalde sinaloulle que estará moi marcado pola evolución das normas que aproben as autoridades sanitarias e autonómicas e que marcarán por completo o calendario que se poida facer, no caso de que sexa viable as súa posta en marcha.

Pola súa banda, o concelleiro do BNG, Xesús Fortes, interesouse polo estado no que se atopa unha parcela do polígono industrial de Racelo que pertenceu a unha empresa de prefabricados e formigón e tamén polas agresión que recibe o local municipal ubicado na Carballeira dos Prados cuxos cristais foron obxecto de apedreamento.

Sobre esa parcela, o alcalde díxolle que se faría un estudio sobre a súa situación legal despois duns embargos sufridos pola empresa que a ocupaba co fin de que si non volve a ter actividade se poida sacar a concurso e con respecto ao local municipal lamentou estes actos vandálicos sobre todo nun espazo de lecer que estes días está tendo moita demanda e presenza de visitantes que disfrutan da beleza paisaxística do lugar no que está encadrado. Volverán a ver que solución se aplica para repoñer os cristais e garantir da mellor maneira posible que non volva a ser obxectivo, por enésima vez, dos actos vandálicos.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas