HomeDeputaciónsDeputación OurenseOurense protagoniza a revista Coralia Viaxes, publicación influencer no ámbito turístico

Ourense protagoniza a revista Coralia Viaxes, publicación influencer no ámbito turístico

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe, no restaurante A Feira, no barrio da Ponte, no acto de presentación dun número especial da revista Coralia Viaxes, publicación influencer no ámbito do turismo, que dedica esta edición a destacar elementos de innovación turística na provincia ourensá. Logo da súa presentación en FITUR, a revista presenta por primeira vez en Ourense un número no que a provincia é a protagonista, salientando temas como a comarca de Monterrei, o “Gaiteiro da catedral” ou a Ribeira Sacra, cunha luxosa edición. O presidente do goberno provincial afirma que “a posta en valor dos innumerables tesouros turísticos que ten a nosa provincia vai ser unha das fortalezas cara a etapa de pospandemia, na que o turismo é unha das liñas estratéxicas de reactivación económica da provincia de Ourense”, afirma Baltar. No acto tamén participaron o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o editor e director da publicación, Álex Regueiro.

Publicacións Relacionadas