Home Valdeorras O Bolo O Inorde e O Bolo analizan as estratexias para o impulso turístico...

O Inorde e O Bolo analizan as estratexias para o impulso turístico no xeodestino

- Anuncio -

O Inorde e o Concello de O Bolo analizan as estratexias que se poderán levar a cabo para impulsar o turismo neste municipio no marco do Xeodestino Manzaneda-Trevinca. A xerente do Inorde, Emma González, acompañada polo alcalde do Bolo, Manuel Corzo, e pola técnica de Turismo do Concello, Rita Sarmiento, coñeceu hoxe in situ a riqueza patrimonial que ofrece este municipio, que recentemente reforzou a súa oferta turística a través de visitas guiadas. Esta nova iniciativa supón un pulo importante para “a reactivación e dinamización do sector turístico da zona”, sinalou a xerente do Inorde, quen dixo que é “unha oportunidade única para que os turistas poidan coñecer da man dunha persoa especializada, os recursos patrimoniais, históricos e culturais deste municipio”.

Durante a xornada, a xerente do Inorde visitou a fortaleza medieval e o Santuario de As Ermitas, ambos referentes patrimoniais e históricos da provincia de Ourense, e que xunto aos muiños e aos tres miradoiros, completan a oferta turística do Bolo.

Os interesados en gozar das visitas guiadas que ofrece o Concello do Bolo deberán solicitar cita previa a través do número de teléfono 606.017.105, co fin de organizar dita actividade para poder cumprir cos protocolos esixidos en cada momento pola pandemia. A guía encargarase de mostrar aos visitantes os atractivos patrimoniais do concello desde o mércores ao domingo, en horario de 11.00 a 14.00 horas o Castelo Medieval (mércores de 10.00 a 14.00 horas) e desde as 16.00 ás 20.00 horas (domingos de 15.00 ás 20.00 horas) atenderá aos que visiten o Santuario de As Ermitas.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas