A pantalla xigante congregou a veciños e veciñas de diferentes concellos da bisbarra, así como a visitantes, nun serán que incluíu inchables, animación musical e tirada de fogos de luces
O sector hostaleiro salienta que o consumo se incrementou nun 40% con respecto a outros domingos estivais
Máis de 3.000 persoas de toda a bisbarra de Caldas e de concellos da contorna citáronse na explanada da Tafona para vibrar co histórico triunfo da Selección Española na final do Mundial. A decisión do Concello de Caldas de Reis para instalar unha pantalla xigante, coa inestimable colaboración da Asociación de Hostalería e do Centro Comercial Aberto (CCA), resultou todo un éxito.
Foi unha xornada na que houbo tempo para gozar das actividades pensadas para toda a familia e para seguir o partido. Co gol de Ferrán Torres na segunda parte da prórroga, A Tafona estalou de ledicia, cunha celebración posterior que se prolongou ata ben entrada a madrugada.
O ambiente foi inmellorable desde horas antes do inicio do partido. Xa desde as 19.00 horas comezáronse a dar cita na explanada da Tafona persoas de diferentes idades. Para a ocasión habilitáronse inchables, ademais dun ‘photocall’, no que as camisolas da Selección Española cobraron protagonismo, e pintacaras. DJ Moe foi o encargado de amenizar a velada coa súa música. Unha vez rematado o partido houbo un espectáculo de fogos artificais, a cargo da empresa especializada local Pirotecnia Bemil. O alcalde, Jacobo Pérez, destacou a boa acollida desta iniciativa e agradeceu a asistencia masiva de “xente de Caldas de Reis e doutros concellos da concorda. Todas e todos pasamos unha velada moi especial e que difícilmente poderemos esquecer”.
Impacto económico
O alcalde tamén destacou o impacto económico positivo que tivo a instalación da pantalla xigante na Tafona para os establecementos do casco urbano. Jacobo Pérez volveu poñer en valor o traballo conxunto
que desenvolve o Concello cos sectores dinamizadores locais, como a hostalería e o comercio. Neste sentido, Jesús Fariña, presidente dos
hostaleiros de Caldas de Reis, estacou que a flexibilidade dos locais e
a mobilización mavisa de persoas fixo que o consumo se incrementase
en máis dun 40% en moitos establecementos con respecto a outros
domingos do verán. “A pantalla xigante fixo que houbese un fluxo
NOTA DE PRENSA
Concello de Caldas de Reis
Rúa Ferreira, 1
alcaldia@caldasdereis.gal
Tel. 986540110
constante de persoas consumindo antes, durante e despois da final”,
explicou, ao tempo que destacou o elevado número de reservas que se
fixeron en moitos bares, cafeterías e establecementos para presenciar
o partido. Pola súa banda, o alcalde incidiu en que “cando decidimos
instalar a pantalla xigante, pretendíamos promover unha xornada
familiar e de diversión para toda a nosa xente e, ao mesmo tempo,
seguir fomentando a actividade económica local, algo que fomos quen
de cumprir”.

