HomePontevedraO concello de Soutomaior finaliza os traballos de asfaltado no barrio de...

O concello de Soutomaior finaliza os traballos de asfaltado no barrio de Comboa

- Anuncio -spot_img
  • Acondicionáronse máis de 2.600 metros cadrados de calzada en dous tramos
  • O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no camiño de Arieiro- Comboa. A mellora contou cun orzamento de 29.500 euros, que foron financiados a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural, e incluía a renovación da capa de rodadura en máis de 2600 metros cadrados na contorna da praia fluvial de Comboa.
  • Os traballos de asfaltado dividíronse en dous tramos. O primeiro deles de 120 metros de lonxitude por 2,6 metros de ancho e un segundo de 336 de longo e 7 metros de anchura. En total a mellora supuxo a instalación de máis de 2600 metros cadrados de novo firme na rede viaria municipal para aumentar a seguridade e confortabilidad do tráfico na zona.
  • Ademais da renovación da calzada regularizáronse todas as cunetas para asegurar que quedan libres de restos vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños. Os traballos finalizaron co realce das tapas de rexistro na calzada, a nivel co novo firme, e as correspondentes marcas viarias.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que o desexo do goberno local era realizar esta mellora se seguridade viaria antes da chegada do verán xa que “a actualización deste vial mellorará a calidade de vida de todos os veciños da zona e de moitos dos visitantes da praia fluvial de Comboa durante o período estival”.

Publicacións Relacionadas