Home Pontevedra Deputados e concelleiros do PP reclaman melloras nas estradas provinciais de Vilaboa

Deputados e concelleiros do PP reclaman melloras nas estradas provinciais de Vilaboa

- Anuncio -

• Visitaron a EP-0001, entre Bértola e Pontesampaio; a EP-0002, que une Figueirido co Marco; e a EP-0105, que une Bértola coa N-550, e comprobaron “que ningunha delas está niquelada, a pesar do que di a Deputación de Pontevedra”.


• Cubela pide ao Goberno provincial que atenda as súas estradas, “hai falta de mantemento e é preciso mellorar a seguridade viaria”.


• “Moitas persoas camiñan a diario por estas estradas expoñéndose a situacións de risco”, explica Alberto Acuña.

O Partido Popular denuncia a situación das estradas provinciais en Vilaboa, nas que non só hai falta de mantemento, senón que tamén é fundamental acometer actuacións para garantir a seguridade viaria dos seus usuarios. Os deputados provinciais Jorge Cubela e Carmen Amoedo, acompañados polo voceiro local, Alberto Acuña, e veciños destas parroquias, visitaron a EP-0001, entre Bértola e Pontesampaio; a EP-0002, que une Figueirido co Marco e a EP-0105, que une Bértola coa N-550, e comprobaron “que ningunha delas está niquelada, tal e como presume continuamente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cando se refire ás estradas provinciais”, critica Cubela.

Nestas estradas, atoparon falta de sinalización e de zonas seguras para que poidan transitar peóns e ciclistas, a pesar de ser unhas estradas moi transitadas porque pasa por varios núcleos de poboación e son parte do Camiño de Santiago. Tamén hai desniveis moi importantes nas cunetas, principalmente na EP-0105, unha situación que se agrava durante o inverno cando a visibilidade se reduce coa climatoloxía adversa. “Moitas persoas camiñan a diario por estas estradas expoñéndose a situacións de risco”, explica Alberto Acuña.

Por iso, piden que aproveiten as cunetas para tapar e crear sendas seguras. “Non fai falta un investimento excesivo, pero si vontade política”, sinala. Os peóns teñen que camiñar polos carrís de circulación porque non hai beiravías, a pesar de que hai espazo para ensanchar.

Cubela pide ao Goberno provincial “que atenda as súas estradas. Hai falta de mantemento e é preciso mellorar a seguridade viaria en moitas delas. É importante que atendan estas vías, precisan obras, incluso actuacións menores, para garantir a seguridade dos seus usuarios”.

Nesta liña, recordan que os veciños levan anos pedindo melloras nestas estradas, e que a pesar das súas reclamacións “ningún deputado do Goberno provincial se achegou para coñecer as súas demandas, coa complicidade e pasividade do Concello de Vilaboa. Teñen que atender as reclamacións destes veciños co mesmo trato e dereito que atenden as doutros lugares, principalmente das cidades”.

Por último, defenden que a Deputación de Pontevedra debe apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia, e non pode condicionar actuacións segundo o fluxo de circulación que haxa, porque con ese criterio estaría discriminando e desatendendo ás zonas rurais, que merecen o mesmo trato e a mesma seguridade que o resto.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas