Repartirá 2.500 euros en premios
A raqueta será a protagonista dun novo evento deportivo co noveno torneo de pádel Cidade de RibeiraCervecería Morrison que se desenvolverá no Centro de Deportes de Raqueta entre o 8 e 15 de agosto, en horario de tarde durante a semana e todo o día na fin de semana. Trátase dunha cita organizada polo Club Deportivo Pádel Ribeira, coa colaboración do Concello, que repartirá 2.500 euros en premios.
O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou esta proba como “unha fórmula de darlle visibilidade a un deporte de raqueta que xa nos últimos anos foi gañando popularidade e conta actualmente con moitos afeccionados en Ribeira. De feito, temos o perfecto exemplo na cantidade de veciños e veciñas que se achegan ao Centro de Deportes de Raqueta.” Na súa intervención, o edil quixo agradecer a implicación dos distintos clubs do municipio por dinamizar a vida deportiva da localidade implicándose na organización de eventosde índole. “O Concello de Ribeira ten un forte compromiso co deporte e, por suposto, estamos sempre coa man tendida para todo canto precisen de nós as entidades”, manifestou Vidal, quen estivo acompañado de Fran Lorenzo e Gabriel Barreiro, secretario e tesoureiro da dita entidade deportiva, respectivamente.
As categorías participantes son masculina, feminina e mixto. O prazo de inscrición remata hoxe ás 17.00 horas a través da páxina web www.mistorneosonline.es. Polo de agora, hai 115 parellas anotadas.
A cota a pagar dependerá de si as persoas participantes son socios ou non.

