Home A Coruña A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Barcés ao seu paso polo concello de Abegondo

- Anuncio -

― Estes traballos desenvólvense nun treito deste río de preto de 800 metros de lonxitude, no lugar de Aquelabanda, pertencente á parroquia de Sarandóns

― As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle e na recollida do lixo do leito

― As accións enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito Galicia-norte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Barcés, ao seu paso polo concello de Abegondo.
Estes traballos estanse a desenvolver nun treito deste río de preto de 800 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia do Sarandóns, no lugar de Aquelabanda.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos, así como na recollida do lixo do leito. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Esta intervención contribuirá á mellora do leito fluvial para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Relacionadas

Extraordinario espectáculo cultural en Mera coas Escolas de música e danza

0
O Parque da Lagoa de Mera acolleu esta mañá unha inmellorable exhibición de creatividade e técnica artística demostrada polas 222 persoas que tomaron parte...

Ruta ciclista en familia por San Sadurniño con 103 participantes

0
Máis dun cento de persoas, boa parte delas nenas e nenos, participaron na ruta ciclista desta mañá. Saíron do CPI e chegaron á capela...

Ortigueira combinará tradición, deporte e música na I Xornada Mariñeira

0
• O evento celebrarase o domingo 2 de xuño no Porto de Espasante • A xornada estará marcada pola celebración das primeiras Bandeiras ‘Ortigueira Boga...

Arranque en Neda da novena etapa do Camiño do Mar Concello a Concello

0
A Asociación de Amigos del Camino del Mar iniciaba este domingo a primeira hora en Neda a novena etapa da súa peregrinación “Concello a...

Gonzalo Muíños propón que as subvencións deportivas inclúan un anticipo do 80% que se...

0
Lembra que é unha fórmula que xa funciona nas convocatorias de outras administracións e que permitiría dar “seguridade económica” aos clubs e entidades da...

A Xunta aposta pola formación para previr os riscos laborais nos labores de aproveitamento...

0
― O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia impartiu a máis de 20 persoas coñecementos sobre as causas dos accidentes laborais investigados...

Publicacións Relacionadas