Home A Coruña O Concello abre a tempada de praias cun equipo de salvamento de...

O Concello abre a tempada de praias cun equipo de salvamento de 32 persoas

- Anuncio -

Lémbralle á veciñanza que é obrigatorio levar a máscara nos paseos pola beira do mar e a entrada e saída do areal

Comezan esta semana as obras de construción dunha rampla na praia do Matadoiro co fin de mellorar a accesibilidade

Ante a apertura mañá da tempada de praias, o Concello lémbralle á veciñanza a necesidade de cumprir coas medidas anticovid establecidas polas autoridades sanitarias. Os areais non contarán este ano con arcos de control de capacidades e, por iso, pídeselle á cidadanía a responsabilidade amosada até o de agora. E lembra que é obrigatorio levar a máscara á entrada e saída dos areais e nos paseos pola beira do mar.

Este ano, o equipo de salvamento está formado por 32 persoas. Repártense por Riazor, Orzán, Matadoiro, Santo Amaro, Oza e a Punta de Santa Cristina. Na baía Riazor-Orzán e Matadoiro, traballan 18 socorristas e máis unha persoa coordinadora; en Santo Amaro, 3; nas Lapas, 2; e en Oza e Santa Cristina, 6.

Ademais, as praias de Oza e Riazor contan cunha moto acuática e estará dispoñible unha terceira da empresa, xunto a tres táboas de rescate e ambulancia, soporte vital tipo B, que está na praia en comunicación radiotelefónica co resto do servizo.

Por primeira vez, a cidadanía terá acceso á aplicación móbil Ceus, gratuíta e que permitirá contactar directamente co servizo de salvamento, que poderá xeolocalizar no momento calquera emerxencia. A aplicación informará tamén das correntes e da cor das bandeiras que indican a perigosidade do baño, do índice de raios UVA, das  condicións meteorolóxicas en tempo real e mais dos avisos que dean as/os socorristas en cada areal.

Ademais, volverán estar operativas as duchas, lavapés e aseos e durante o primeiro mes, informadoras/es advertirán das normas anticovid nas entradas dos areais e repartirán cinceiros e bolsiñas para depositar o lixo orgánico e o inorgánico. O Concello recoméndalle ás persoas fumadoras acudan aos puntos habilitados con cinceiros de pé para favorecer a convivencia entre as/os veraneantes. E, por último, a Concellería de Medio Ambiente porá en marcha de novo un programa de educación medioambiental dirixido á cativada.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas