A Travesía a Nado Praia de Coroso reunirá a preto de 130 nadadores no 15 de agosto

Redacción

 Haberá catro distintas distancias a completar

A praia de Coroso acollerá nesta fin de semana unha nova actividade deportiva coa trixésimo primeira edición da travesía a nado que terá lugar no sábado, 15 de agosto, a partir das 11.00 horas. Nesta proba participarán preto de 130 nadadores que deberán completar a distancia correspondente segundo a súa categoría: 2.500, 1.250, 400 ou 150 metros.

O Club Natación Ribeira organiza esta cita coa colaboración do Concello de Ribeira que xa está fortemente consolidada no calendario deportivo municipal segundo deron a coñecer o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e Jorge Patiño, en representación da referida entidade.

Para o edil, “con este tipo de eventos reforzamos o noso vínculo co mar a través do deporte, xa que a nosa costa pódese desfrutar de moitas maneiras. E, aproveitando o verán e o bo tempo que trae consigo, resulta idóneo desenvolver este tipo de competicións acuáticas.”

O prazo de inscrición xa está pechado.

Comparte este artigo