A música será a gran protagonista
Continúan sucedéndose as festas en Ribeira e o lugar de Teira estará de celebración no venres, 21 de agosto; unha única xornada organizada pola Asociación Teira Leria, coa colaboración do Concello de Ribeira, na que a música será a gran protagonista.
O concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, manifesta que “o calendario estival está repleto de celebracións para desfrutar de cada recuncho de Ribeira, bailando, compartindo momentos, xuntándose cos veciños… E os grupos e DJ coexisten coa tradición.”
As bombas de palenque soarán ás 12.00 horas para, nese momento, dar saída ao pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xiada. Doutra banda, o ritmo da noite virá marcado por DJ Martin, ás 21.00 horas; Trío Alborada, ás 23.00 horas; e DJ Maikel Style, ás 02.00 horas. Instalarase, así mesmo, un punto de venda de camisetas e bocadillos para axudar a recadar fondos para os festexos.

